Programación: A FEIRA DO XOVES NO TORRENTE
O primeiro xoves de cada mes, organizado pola CONCELLERÍA DE CULTURA do Concello de Ferrol, pasarán pola Capela do C.C. Torrente Ballester artista e grupos de cdiferentes estilos musicais ( indie, pop, soul, blues, músicas do mundo, cabaret,cantautor, etc…) con propostas alternativas as programacións máis clásicas. A idea é darlle a cidade un pouco de vida lúdico-musical no medio da semana.
A primeira formación será DE VACAS , grupo afincado en Compostela integrado por Inés, Faia e Paula (voces) e Guille Fernández (guitarra). En pouco tempo, destacan como una das propostas máis valoradas surdidas en Galicia.
Artista …………………….. DE VACAS ( Música lixeira)
Espazo ……………………. Capela do C.C. Torrente Ballester
Día ………………………….. Xoves 4 de Febreiro
Hora ……………………….. 21.00 h. (apertura portas 20.30)
Entradas …………………. 5 € (+ gastos)
Venda de entradas: Teatro Jofre e www.ataquilla.com
DeVacas e un cuarteto musical composto por unha guitarra e tres voces. Facemos versións de grandes temas venerados polas masas e maltratados pola historia. Detrás de cada canción mala hai un corazón que queremos reivindicar.
Dende as Spice Girls ata o Gagnam Style, pasando por Enrique Iglesias ou Michel Teló… temazos que marcaron as nosas tardes de domingo na discoteca e que rescatamos para vós nun formato fresco e divertido co que emocionarse e rir a partes iguais.