AL VILA ( Guitarra e voz) + PABLO VERGARA(percusión) + FAUSTO ESCRIGAS (saxo) + MIGUEL CASTRO ( guitarra)
SAMESUGAS (Punk, rock’n’roll, garage)
Samesugas é umha banda de referência no punk-rock’n’roll de Compostela e do pais. Nos seus 8 anos de historia derom máis dum cento de concertos pola geografia galega e ibérica chegando a fazer um mini-gira finlandesa em 2003 e compartindo palco com bandas como Supersuckers, Nashville Pussy, Diamond Dogs, Peter Pan Speedrock, The Rippers,… Tenhem editados vários discos pequenos em diferentes formatos (miniCD, single 7’’, 10’’,…) e um disco longo debut titulado “Alá Vai!” que estam presentando nestes momentos aproveitando a sua ediçom em LP ( vinilo 12’’); a sua discografia está completada por um bo feixe de participaçóns em compilatórios editados por selos de todo o mundo (Galiza, Suecia, Japom, Alemania,…) entre os que descata o tributo à banda norueguesa Turbonegro “Alpha Motherfuckers”.
Este ano veremos publicados um feixe de novas referências de Samesugas: um CD compartido cos argentinos Viagra Boys (Rastrillo Records, Argentina), um EP 7’’ compatido com The Homens (Lixo Urbano) e um single 7’’ que formará parte do novo Clube do Single de El Beasto Recordings, e que estaram presentando a partir de Fevereiro com datas confirmadas em Galiza, Portugal e umha pequena gira em Bélgica.
Punk, rock’n’roll, garage, hardcore,… os que asistirom a algum dos seus sanguinários concertos sabem que podes gostar máis ou menos deles mas nom te vam deixar indiferente.
Rolling Stone escribio en Noviembre 2004:
ROCKERS GO TO HELL (ock’n’roll)
En 1998 Álvaro e Kiko, daquela cantante e guitarrista das Mandrágoras, deciden montar un repertorio de cancións dos seus ídolos dos anos 50: Elvis, Gene Vincent, Johnny Burnette, Eddie Cochran, Warren Smith, Link Wray, Jerry Lee Lewis, Conway Twitty e todas as estrelas do firmamento do Rock’n’Roll e o Rockabilly. Acompañados de Andy ao contrabaixo e Saleta á batería estréanse ese verán. O éxito é rotundo: o repertorio máis grandioso da historia da música moderna e unha revisión do mesmo influenciada polo punk, como fosen as de Robert Gordon ou os Stray Cats son ingredientes infalibles.
Pouco despois cambian a súa formación incorporando a Mikelini Martínez ao baixo e Oscar Caramés aos tambores. Os seus catro membros tamén pariron algunhas das bandas máis interesantes da cidade (Mandrágoras, High Time, Thee Virus, Ultracuerpos), pero non por iso deixaron de alimentar o insaciable repertorio dos Rockers. Desde entón ata hoxe, a banda gañouse unha merecida reputación como banda tributo.
O público que fielmente lles segue a través de todas as súas actuacións corrobóraa movendo as súas cadeiras ao frenético ritmo do Rock and Roll. O seu repertorio renóvase constantemente con máis e máis himnos da época dourada e a solvencia interpretativa e show visual da banda refórzase con cada actuación.
Ademais de Galicia con innumerables e memorables actuacións ao longo de todos estes anos, levaron o seu show a Festivais de Estremadura, Euskadi, foron banda residente dos pubs Garufa e Dublín. Ninguén nesta cidade contounos como foi aquel concerto de Elvis ao que asistiu, pero moitos viron aos Rockers Go To Hell e ningún saíu defraudado. Todo o mundo ama aos Rockers Go To Hell. Ou debería.